DE FRONTE á violencia de xénero é unha campaña e programa de actividades posta en marcha pola Área de Igualdade da Deputación da Coruña con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, que apela directamente á implicación dos concellos da provincia, estendendo o chamado á acción a calquera outra entidade do tecido social, educativo, empresarial, familias, etc.

-

Aqueles concellos e entidades (do tecido social, educativo, deportivo, cultural, sanitario, empresarial, …) interesadas en adherise á campaña e ao programa de actividades poden facelo, amosando o seu compromiso e vontade de poñerse DE FRONTE á violencia de xénero.

Novas violencias dixitais

Este ano estamos a poñer o foco nas novas formas de violencia machista no eido dixital, coma a manosfera, o conservadurismo relacional, o valor no mercado sexual (VMS) ou o papel da intelixencia artificial na creación e difusión de violencias machistas.Estamos a desenvolver diferentes accións destinadas a alertar, sensibilizar e fomentar o pensamento crítico ante estas realidades:
O vindeiro día 23 de abril desenvolvemos a xornada “Non deixemos que o futuro nos leve ao pasado”, unha mirada completa e experta arredor das violencias machistas dixitais.
Ademais, na sección recursos se inclúen materiais sobte esta temática útiles tanto para a cidadanía como para profesionais.

Recursos

Recursos para traballar na prevención, reparación e eliminación das violencias machistas.

Área de recursos con material para promover o proxecto

Manifesto da Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña condena a violencia machista en todas as súas manifestacións e mantén un compromiso activo na construción dun presente no que ningunha muller sexa vítima desta violencia.

Accede aquí á declaración completa.

Implícate

Únete ás entidades que asinan o compromiso e apoian este proxecto.
Consulta aquí a listaxe completa de concellos e entidades que xa están adheridas á campaña.
Formulario de adhesión
Correo