Actividade xuvenil en formato Visual Thinking sobre tratamento e prevención da violencia de xénero. A actividade está composta de 3 micro vídeos onde se abordan conceptos básicos arredor da violencia de xénero de xeito didáctico a través de gráficos con animación para traballar nas aulas.

1. Que é a violencia de xénero? Definición, principais violencias machistas na mocidade con exemplos para identificalas e as consecuencias das mesmas nas mulleres.

2. Dereitos, obrigas e recursos. Efectos da violencia de xénero cara os dereitos das mulleres, as consecuencias de exercela, así como os recursos necesarios para facerlle fronte dende diferentes posicións.

3. Afrontamento e prevención. Cales son as bases que sustentan as violencias machistas e as claves sobre as actitudes e comportamentos que podemos adoptar para atallalas dende a raíz.

Tamén está dispoñible unha guía explicativa para a elaboración dunha actividade de Scape Room para seguir traballando en igualdade e de xeito cooperativo.