Actividades desenvolvidas na edición de 2021
Actividade xuvenil en formato Visual Thinking sobre tratamento e prevención da violencia de xénero: a actividade está composta de 3 micro vídeos onde se abordan conceptos básicos arredor da violencia de xénero de xeito didáctico a través de gráficos con animación para traballar nas aulas. Os vídeos están dispoñibles premendo na ligazón anterior.
Escape Room para traballar en igualdade e de xeito cooperativo sobre tratamento e prevención da violencia de xénero: guía explicativa para a elaborar un Escape Room en grupos na que os e as particpantes terán que resolver un enigma arredor dunha situación de violencia machista. A guía está dispoñible para a súa descarga na ligazón anterior.
Palestras: durante o mes de novembro de 2021 retransmitimos en directo tres palestras sobre “Violencia vicaria, o papel das/os menores na violencia de xénero e actualizacións normativas de protección á infancia”, “Violencias de xénero en mulleres maiores” e “A importancia do traballo en rede na loita contra a violencia de xénero a nivel local”. As tres palestras están dispoñibles na ligazón anterior.
Espectáculo musical para público infantil “Martiña Soñadora”: Sabela King á voz e ao ukelele e Carlos Gil ao piano interpretan composicións de produción propia que nos falan de relacións afectivas sas, de igualdade ou da importancia de rachar cos estereotipos sexistas desde a expresión musical. Estivo dispoñible en aberto entre os días 22 e 29 de novembro de 2021.
Acto colectivo de lectura de textos e poemas: celebrouse o día 25 de novembro de 2021 ás 12.00 no exterior da Biblioteca Provincial da Coruña.