Actividades desenvolvidas na edición de 2022

Que sabes de violencias dixitais? Xogo interactivo para alumnado de primaria orientado ás idades correspondentes a 4º, 5º e 6º de primaria. Inclúe unha guía para o profesorado. Clic aquí para acceder ao xogo e á guía.

Ciberquedada co alumnado da ESO na canle de YouTube da Deputación da Coruña: 23 de novembro ás 10.30 h. Pódese seguir directamente en YouTube ou nesta páxina, onde se pode atopar máis información.

Acto institucional no IES Puga Ramón da Coruña: 25 de novembro ás 9.45 h.

Obradoiro Que sabes de violencias dixitais?: 29 de novembro na Asociación Ambar.

Espectáculos Danza e liberdade a cargo do Conservatorio Profesional de Danza da Deputación:

  • 30 de novembro ás 19.30 h Auditorio Gabriel García Márquez de Mera, Oleiros.
  • 1 de decembro ás 19.30 h Auditorio Municipal Alovi de As Pontes.
  • 2 de decembro ás 19.30 h Auditorio Municipal de Rianxo.
  • 3 de decembro ás 19.30 h Auditorio Municipal de Oroso.

Spots ciberviolencia de xénero, grooming, sexting e sextorsión: catro vídeos breves de un minuto para explicar catro conceptos importantes das violencias dixitais. Están os catro dispoñibles nesta páxina.