Acto colectivo de lectura de textos poéticos relacionados coa temática o día 25 de novembro ás 12.00 no exterior dos baixos da Biblioteca Provincial da Deputación na rúa Riego del Agua, 37 da Coruña a cargo das poetas Charo Lópes e Lucía Aldao. Tamén participará a chelista Margarida Mariño cunha interpretación musical.

Os textos serán compartidos previamente cos concellos adheridos para que, de xeito voluntario, poidan facer unha lectura simultánea nas súas rúas.