Os materiais pedagóxicos da campaña institucional DE FRONTE á violencia de xénero, impulsada pola Deputación da Coruña, están concibidos como ferramentas para a sensibilización, a reflexión crítica e a intervención educativa en diferentes contextos sociais e comunitarios.
A través de distintos formatos —unidades didácticas, recursos gráficos e materiais divulgativos—, estes contidos ofrecen claves para comprender os desafíos actuais que presentan os espazos dixitais en materia de igualdade, identificar e previr as ciberviolencias machistas e fortalecer a capacidade crítica fronte aos discursos machistas, antifeministas e negacionistas da violencia de xénero. Ao mesmo tempo, promoven modelos de relación baseados na igualdade, a diversidade e o bo trato.
1/ Colección de Unidades Didácticas
Colección de cinco unidades didácticas deseñadas para acompañar procesos de sensibilización, reflexión e intervención educativa fronte ás violencias machistas. Os materiais abordan cuestións como os discursos machistas e antifeministas que circulan nos espazos dixitais, as diferentes formas de ciberviolencia de xénero e o impacto das novas tecnoloxías —incluída a Intelixencia Artificial— na construción da indentidade individual e nas relacións interpersoais.
Tres das unidades están dirixidas a profesionais que traballan con adolescencias e mocidade, mentres que as dúas restantes están orientadas ao traballo con persoas adultas en diferentes ámbitos sociocomunitarios.

1.1/ Unidades didácticas para a intervención educativa con adolescencias
A manosfera e os novos referentes masculinos en liña

Unidade didáctica 1: A manosfera e os novos referentes masculinos en liña
Actividades: Descarga a continuación o material para as tes actividades desta unidade didáctica.
Modelos de feminidade dixital

Unidade didáctica 2: Modelos de feminidade dixital
Actividades: Descarga a continuación o material para as tes actividades desta unidade didáctica.
Violencias machistas no eido dixital

Unidade didáctica 3: Violencias machistas no eido dixital
Actividades: Descarga a continuación o material para as tes actividades desta unidade didáctica.
1.2/ Unidades didácticas para a intervención educativa con persoas adultas
Discursos dixitais de xénero

Unidade didáctica 4: Discursos dixitais de xénero: masculinidades hexemónicas e feminidades performativas.
Actividades: Descarga a continuación o material para as tes actividades desta unidade didáctica.
Ciberviolencias de xénero e Intelixencia Artificial

Unidade didáctica 5: Ciberviolencias de xénero e Intelixencia Artificial.
Actividades: Descarga a continuación o material para as tes actividades desta unidade didáctica.
2/ Stickers
Pack de cinco stickers feministas pensados para o seu uso en espazos de comunicación dixital. Un recurso expresivo e creativo para facer fronte aos discursos machistas e ás actitudes de violencia ou discriminación nos espazos dixitais
3/ Infografía Ciberviolencias de Xénero
Infografía divulgativa que recolle diferentes formas de manifestación das ciberviolencias de xénero nos espazos dixitais. Un material visual pensado para facilitar a identificación destas prácticas e promover a reflexión crítica sobre o seu impacto.

4/ Xogo interactivo en liña → Violet Pill: Infiltración na Manosfera
Violet Pill: Infiltración na Manosfera é un xogo interactivo en liña que convida ás persoas participantes a investigar os discursos da manosfera desde unha perspectiva crítica. A través dunha experiencia inmersiva e gamificada, as personas xogadoras deberán analizar perfís, contidos e comunidades dixitais para identificar estratexias de manipulación, desinformación e difusión de mensaxes machistas e antifeministas.
O xogo está especialmente pensado para o traballo con adolescencias e mocidade en diferentes contextos educativos, e constitúe un recurso complementario ás unidades didácticas da campaña.
Ao longo de diferentes misións, as persoas participantes desenvolverán competencias para detectar discursos de odio, comprender como funcionan as lóxicas de recomendación das plataformas dixitais e fortalecer o pensamento crítico fronte ás narrativas que buscan normalizar a desigualdade de xénero.
A través dunha metodoloxía lúdica e participativa, Violet Pill promove a alfabetización dixital crítica, o debate colectivo e a reflexión sobre a construción das masculinidades, os estereotipos de xénero e o impacto que teñen os contidos consumidos nas redes sociais na forma de entender a propia identidade, as relacións interpersoais e a convivencia.




