Contacontos para público infantil e familiar, con Marta Ortiz e Brais das Hortas. En aberto do 23 ao 29 de novembro de 2020.
“Contos de nenas grandes e pequenas” é unha produción de Marta Ortiz e Brais das Hortas, na que por medio da narración oral e a música, nos achegan historias de nenas diversas pero cunha voz propia:
Xa hai moitas historias de homes! De cabaleiros, príncipes e guerreiros…
E nós quixemos contar historias de mulleres. Princesas non, pero si guerreiras!… ou non… ou de todo un pouco. Porque hai moitas mulleres. Todas moi diferentes, pero todas cunha voz : a súa.
Do 23 ao 29 de novembro estiveron aquí dispoñibles catro contos de nenas (das grandes e das pequenas) con voz propia. Nenas que comparten, que vencen aos seus medos ou aos medos da xente, capaces de grandes aventuras como ir a polo lume ou subir ao monte máis alto a falar cun monstro. Nenas que tamén lle teñen medo á tormenta. Ou que xogan á pelota.
Pero iso si : nenas… que xa toca!