Escape Room para traballar en igualdade e de xeito cooperativo sobre tratamento e prevención da violencia de xénero. Cóntase co contido da actividade de visual thinking.
[preme aquí para descargar a guía explicativa para a elaboración do Escape Room en formato PDF]
O xogo formularase para que poidan participar varios grupos ao mesmo tempo e no mesmo espazo. Tanto o material como as normas do xogo responden a criterios de accesibilidade, igualdade, cooperación e sensibilidade cara a violencia de xénero. Os grupos terán que resolver un enigma arredor dunha situación de violencia machista a través de diferentes pistas espalladas polo espazo onde haberá que aplicar a lóxica, a rapidez e o traballo en equipo. Para a resolución do enigma contarase coa información recollida nos visual thinking, de xeito que se reforcen as ideas máis importantes e se tome consciencia de que a solución, dado que é unha problemática social, debe ser abordada por todas e por todos.
Para a súa aplicación xa está dispoñible unha guía explicativa do xogo (en formato PDF), así como unha lista cos recursos precisos para executalo.