Conversas sobre a menopausa

Conversas sobre a menopausa foi organizado pola Deputación da Coruña con gallo do Día Internacional de acción pola Saúde das Mulleres. O obxectivo deste ciclo foi ofrecer cinco conversas con profesionais de diversos eidos amosando unha visión realista e normalizadora da menopausa; rompendo estereotipos e fuxindo da súa patoloxización.

Clic aquí para acceder ás entrevistas e máis información.

Curta “Escondite inglés”

Curtametraxe gañadora do concurso de guións contra a violencia de xénero do ano 2020. O concurso foi organizado pola Deputación da Coruña coa finalidade de xerar reflexión, conciencia, sensibilización, identificación e prevención da violencia vicaria como forma de control e dominación.

Clic aquí para ver a curta.

Curta: “Metamorfose

Curtametraxe baseada no microrrelato gañador do concurso “Suprime o Control”, escrito por Xián Barreiro Codesido (alumno do CPI Fonte Díaz de Touro).

Clic aquí para ver a curta.

Curta: “Je suis le machisme ordinaire

Curta dirixida por Fabrice Roulliat (2016)

Julie é convocada á oficina da Directora porque a súa filla pegoulle a un compañeiro, un comportamento inaceptable para o centro. Pero Julie non o ve do mesmo xeito, e nomea o que en realidade debería ser inaceptable.

Clic aquí para ver a curta.

Curta: “A quien dices amar”

La breve historia (2019)

Ana Polvorosa (Aida, Las chicas del cable) e  Miki  Esparbé (Malnazidos, Brigada Costa dek Sol) son os protagonistas de “A quien dices amar”, unha curta que visibiliza e conciencia sobre as consecuencias dos malos tratos psicolóxicos. Producida por La breve historia para COSMO, pretende sensibilizar a sociedade sobre esta dimensión da violencia de xénero.

Clic aquí para ver a curta.

“Publicidad y campañas navideñas de juguetes: ¿promoción o ruptura de estereotipos y roles de género?”

Presentado en outubro de 2020, este estudo sobre estereotipos e roles de xénero na publicidade de xogos e xoguetes, realizado polo Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades, constata que o sexismo continúa moi presente na publicidade mediante a segmentación do mercado segundo o sexo. Esta estratexia, que xera maiores vendas e beneficios á industria, favorece a perpetuación de roles e estereotipos que fomentan a desigualdade e a discriminación das mulleres.

Clic aquí para acceder ao estudo.