MOITO COIDADO

Se tes sexo: fala, respecta e, sobre todo, coida. Mudemos a violencia por coidado.

Que son as Infeccións de transmisión sexual ou ITS

As infeccións de transmisión sexual (ITS) son enfermidades que se transmiten principalmente a través de contacto sexual, incluíndo relacións vaxinais, anais e orais, con persoas que están infectadas.

Poden ser causadas por bacterias, virus, fungos ou parasitos.

Hai máis de 20 ITS

Hai máis de 20 ITS, sendo as máis comúns a sífilis, a clamidiasis, a gonorrea, o VIH/sida, o virus do papiloma humano (VPH), o virus do herpes xenital, a tricomoniasis, a pediculosis púbica ou a sarna.

Cada día, máis de 1 millón de persoas no mundo contraen unha ITS que se pode curar.

As infeccións de transmisión sexual ou ITS están a aumentar entre a mocidade a causa de comportamentos de risco e engano, considerados moitos deles como violencia de xénero.


Se tes sexo: non o fagas por compracer, pon os teus límites e coida do teu desexo.

Métodos de prevención fronte ás ITS

  • Manter a comunicación aberta no encontro sexual tanto esporádico como nunha relación estable.
  • Uso de preservativos (condóns) ou bandas de látex en todas as relacións sexuais (vaxinais, anais e orais).
  • Vacinas (coma a do VPH e a da hepatite B).
  • Realización de probas regulares ante unha relación de risco ou nova relación. Consulta nesta ligazón onde se poden realizar de balde en Galicia.

Síntomas das ITS

Moitas veces as ITS son asintomáticas, se ben podemos ter en conta os seguintes síntomas:

  • Secrecións anormais (vaxinais ou uretrais).
  • Ardor ou dor ao ouriñar.
  • Feridas, úlceras ou verrugas nos xenitais.
  • Dor durante as relacións sexuais.
  • Inflamación dos ganglios linfáticos na zona xenital.

Contaxio de ITS

Se houber sospeita de ITS, é importante acudir a persoas profesionais médicas para o seu diagnóstico e tratamento, xa que moitas destas infeccións teñen cura ou poden ser controladas. Sen tratamento, poden causar complicacións graves, como infertilidade ou transmisión a outras persoas.

Ante un posible contaxio, infórmate en:

Canto saben as persoas adolescentes sobre as ITS?