Literatura para adultas

Visceral

María Fernanda Ampuero. Páginas de Espuma (2024)

“Visceral”, de María Fernanda Ampuero, é unha impactante colección de contos que explora con crueza os horrores cotiás, incluíndo a violencia machista, a desigualdade e os traumas familiares. Cunha linguaxe directa, Ampuero expón como o corpo e o desexo se converten en escenarios de opresión e resistencia, revelando a brutalidade oculta trala normalidade.

El celo

Sabina Urraca. Alfaguara (2024)

Sabina Urraca explora a través de “el celo” temáticas tales como a obsesión, os celos e as dinámicas de poder marcadas pola violencia machista. A través dunha narración descarnada, a autora somérxenos nos pensamentos e emocións dunha muller que analiza as súas relacións persoais e o control que estas exercen sobre a súa identidade.

La trenza

Laetitia Colombani. Salamandra (2018)

“La trenza” entrelaza as historias de tres mulleres de diferentes partes do mundo: Smita (en India), Giulia (en Italia), e Sarah (en Canadá). Cada unha enfronta loitas persoais marcadas pola discriminación e a desigualdade, mentres desafían as estruturas patriarcais. A través das súas experiencias, a novela destaca a resiliencia feminina e como as súas vidas, aparentemente distantes, se conectan de forma simbólica nunha rede de solidariedade.

Escuela de canto

Nell Leyshon. Sexto Piso (2022)

“Escuela de canto” profunda na historia de Eliza, unha moza atrapada na pobreza e as estritas normas dunha sociedade rural inglesa do Século XVI. A través da voz da protagonista, cargada de sinceridade e vulnerabilidade, Leyshon explora temas como a opresión de xénero, a violencia machista e a procura da liberdade. A historia reflexa como a arte, neste caso o canto, se convirte nunha vía de escape e empoderamento fronte a un mundo que restrinxe os soños e desexo de autonomía das mulleres.

Tranquilas: Historias para ir solas por la noche

María Folguera e Carmen G. de la Cueva (Eds.). Lumen (2019)

“Tranquilas: Historias para ir solas por la noche” é unha antoloxía que reúne relatos de diversas autoras sobre o medo, a liberdade e a experiencia de ser muller tanto en espazos públicos como privados. Dende moi diversas perspectivas, as historias exploran como as mulleres enfrontan e desafían as diversas opresións dunha sociedade patriarcal, reclamando o dereito a habitar nun mundo sen restricións. Trátase, pois, dun libro que mestura reflexión, resistencia e valentía, invitando a pensar en novas formas de liberdade feminina.

La mala costumbre

Alana S. Portero. Seix Barral (2023)

“La mala costumbre” é una novela que mestura ficción con elementos autobiográficos para explorar a experiencia dunha muller trans nunha España marcada polas sombras do franquismo e a transición. A historia segue á protagonista dende a súa infancia nun barrio obreiro de Madrid, enfrontando a incomprensión, a violencia e as restricións de xénero impostas polo seu entorno. Á vez que se narra a loita pola identidade nun mundo hostil, en “La mala costumbre” celébrase tamén a liberdade, o amor propio e a valentía de existir autenticamente.

Mis últimos 10 minutos y 38 segundos en este extraño mundo

Elif Shafak. Lumen (2020)

Trátase dunha obra que se centra en Leila, unha muller asasinada en Istambul e que exerce a prostitución, cuxos últimos instantes de conciencia a levan a recordar a súa vida, marcada pola violencia sexual, o rexeitamento familiar e a opresión social. A través das súas memorias e a lealdade das súas cinco amizades máis próximas a ela, a novela explora o impacto do patriarcado e a forza das redes de solidariedade nun mundo de exclusión e dor. Trátase ademais dunha reflexión en torno á dignidade e o amor nun mundo cheo de desigualdades.

Lectura fácil

Cristina Morales. Anagrama (2018)

En “lectura fácil” atopámonos con catro mulleres con discapacidade intelectual que comparten un piso tutelado en Barcelona, onde enfrontan diferentes tipos de violencia: institucional, onde se controlan as súas decisión e autonomía; social, que as marxina e estigmatiza; e persoal, reflexada nas súas relacións e experiencias de abuso. A través das súas voces, a novela expón as contradicións dunha sociedade que oprime baixo a aparencia de protección, cuestionando as nocións de normalidade, liberdade e poder con ironía e crueza.

Cometierra

Dolores Reyes. Sigilo (2019)

“Cometierra” é unha novela visceral e poética que segue a historia dunha muller nova coñecida como Cometierra, quen posúe o estraño don de adiviñar o destino de persoas desaparecidas ao comer terra dos lugares vinculados a elas. Trala violenta morte da súa nai, Cometierra vive nun barrio marxinal onde se enfronta de xeito habitual á violencia machista, a pobreza e o abandono.

A novela é unha poderosa denuncia das desaparicións e feminicidios, e ao mesmo tempo, un relato de resistencia e conexión co ámbito espiritual no medio dun contexto de opresión.

La ternera

Aurora Freijo Corbeira. Anagrama (2021)

“La ternera” é unha novela que narra a situación de soidade e desvalemento dunha nena de cinco anos, que é abusada sexualmente por parte dun veciño, mentres a familia o descoñece. A través de “la ternera”, Aurora Freijo relátanos estremecedoras situacións polas que pasa esta nena, nas que conflúen a dor, a vergonza, a culpa ou o silencio como forma de resistencia.

El color púrpura

Alice Walker. Debolsillo (2022)

“El color púrpura” é unha novela epistolar que narra a vida de Celie, unha muller afroamericana do sur de Estados Unidos a principios do Século XX. A través de cartas dirixidas a deus, así como á súa irmá Nettie, Celie relata as múltiples violencias que sobre: abusos sexuais, físicos e emocionais por varias persoas da súa contorna familiar. Ademais, a novela aborda temas tales como o racismo, o sexismo ou a sororidade. 

Agua Dulce

Akwaeke Emezi. Consonni (2021)

En “agua dulce” seguimos a Ada, unha muller nova que loita por comprender a súa identidade e o seu lugar no mundo. Nada en Nixeria e criada nos Estados Unidos, Ada enfróntase ás tensións de vivir entre dúas culturas mentres lidia complexa relación que ten co seu corpo, a familia e as raíces. A novela aborda temas tales como a fluidez de xénero, a pertenza, o trauma e a autodefinición, todo elo contado a través dunha narrativa experimental e poética que mestura o real co surreal.

Si no fueras tan niña

Sol Fantin. Paidós (2022)

A través de “Si no fueras tan niña. Memorias de la violencia” relátase a historia autobiográfica de Sol, a cal tenta reconstruír as vivencias de maltrato, pederastia e silencio cómplice que sufriu. Concretamente, céntrase no momento en que, con catorce anos, coñece a Marcos (de máis de trinta), un guía espiritual dunha fundación new age. Durante sete anos, Marcos íllaa do seu entorno, e desarma a súa capacidade de pensamento crítico, a súa autoestima e a súa vontade. Como ferramenta para sobrepoñerse á dor causada, Sol Fantín reconstrúe a súa historia, coa esperanza de que ningunha nena pase máis polo que ela viviu.

El encaje roto. Antología de cuentos de violencia contra las mujeres

Emilia Pardo Bazán. Contraseña (2018)

Trátase dunha antoloxía, editada por Cristina Patiño, que reúne trinta e cinco contos de Emilia Pardo Bazán, que se centran principalmente na violencia contra as mulleres. Son relatos heteroxéneos, xa que narran diferentes ambientes, diversidade na caracterización das personas, dos vínculos (ou ausencia deste) que unen á mulleres cos homes, así como do tipo de violencias que son exercidas. A través de “El encaje roto”, Pardo Bazán quere constatar a desigualdade existente entre mulleres e homes, visibilizando un amplo panorama da violencia machista, e onde tamén as mulleres plantan cara aos seus maltratadores.

Algún amor que no mate

Dulce Chacón. Debolsillo (2014, publicado inicialmente en 1996)

“Algún amor que no mate” conta a historia de Prudencia, unha muller que viviu baixo o peso dunha relación violenta e un entorno emocionalmente destrutivo, ata que decide fuxir. É nese punto cando realiza unha viaxe ao seu pasado, onde non só comeza a ver a anulación e illamento á que estaba sometida polo seu marido, senón que tamén atopará amor e a incomprensión, a paixón e a infidelidade, a soidade, o pranto, a risa e a morte.

Tengo un nombre

Chanel Miller. Blackie Books (2021)

Trátase dunha valente e conmovedora memoria escrita por Chanel Miller, quen relata a súa experiencia como sobrevivinte de agresión sexual a mans dun estudante de Standford en 2015. Con valentía, expón o impacto emocional e traumático da agresión, o esgotador proceso xudicial e como recuperou a súa identidade tras ser coñecida só como “Emily Doe”. Máis alá da súa historia persoal, o libro critica o sistema de xustiza e promove a empatía e a resiliencia, converténdose nun poderoso chamado ao cambio social.  

Nada

Carmen Laforet. Austral (2020, publicada inicialmente en 1944)

“Nada” é a novela debut de Carmen Laforet, e que segue a historia de Andrea, unha muller nova e orfa que chega a Barcelona para estudar na universidade. Chea de expectativas, instálase na decadente casa dos seus familiares, entorno onde a violencia contra as mulleres xoga un papel crucial. As agresións do seu tío Román e o trato abusivo de Juan cara a súa muller Gloria, acompáñanse do sufrimento das mulleres nunha sociedade marcada polo autoritarismo e o silencio.

Mentres Andrea loita por manter a súa independencia, a novela contrapón a asfixiante vida doméstica coas amizades e experiencias que atopa fóra desta. Cun estilo introspectivo e crítico, “Nada” denuncia o peso da violencia de xénero e as desigualdades na posguerra española.

Matrioskas

Marta Carnicero Herranz. Acantilado (2023)

Trátase dunha novela que explora os segredos, as feridas familiares e as cadeas invisibles de violencia que as mulleres herdan ao longo das xeracións. A historia xira en torno a unha nai e unha filla que intentan reconstruír a súa relación mentres enfrontan o peso das expectativas e os silencios do pasado.

Cunha narrativa íntima e evocadora, a novela emprega a metáfora das matrioskas para revelar como as experiencias dunha xeración inflúen na seguinte, amosando temas como a maternidade, a violencia machista e a procura da propia identidade.

Miriam Toews. Sexto Piso (2020)

Trinta voces pola eliminación da violencia contra a muller (2021)

Baseada en feitos reais, “Ellas hablan” relata a historia dun grupo de mulleres dunha colonia menonita illada que descobren que foron sistematicamente drogadas e abusadas polos homes da súa comunidade. A novela céntrase nunha reunión segreda onde estas mulleres se reúnen para decidir o seu futuro: deben quedarse ou loitar, ou abandonan todo o que coñecen?

A través de diálogos moi profundos, a autora explora temas como o poder, a fe, a xustiza e a solidariedade feminina.  

Push

Sapphire. Anagrama (1998)

“Push” profunda na historia de Precious Jones, que ten dezaseis anos, é afrodescendente e ten graves problemas de alfabetización, a cal se atopa á espera do seu segundo fillo. O primeiro foi consecuencia do abuso sexual do seu propio pai. Forzada a abandonar a escola debido ao seu embarazo, Precious acaba nun instituto para casos desesperados. Alí atoparase coa señora Rain, unha mestra nova, combativa e radical, grazas á que Precious terá a posibilidade de recuperar a súa voz e a súa dignidade.

El consentimiento

Vanessa Springora. Lumen (2020)

A obra autobiográfica “el consentimiento” de Vanessa Springora céntrase nas súas vivencias persoais. Concretamente narra a relación que tivo cun home maior cando ela era adolescente. A través do seu relato, Springora reflexiona sobre os temas do consentimento, a manipulación e a desigualdade de poder nas relacións. A historia explora como esta relación afectou á súa vida e desenvolvemento persoal, así como as dinámicas sociais que permiten que tales situacións ocorran. É un libro conmovedor e provocador que invita á reflexión sobre a adolescencia, a sexualidade e as implicacións do consentimento.

El acontecimiento

Annie Ernaux. Tusquets (2019)

“El acontecimiento” é unha poderosa e conmovedora novela autobiográfica que narra a experiencia da autora cun embarazo non desexado na Francia dos anos 60. A través do seu relato, Ernaux explora temas como a liberdade, a sexualidade e as restricións sociais da época. A historia céntrase na súa loita por acceder a un aborto nun contexto onde esta opción era ilegal e estigmatizada. Cunha prosa incisiva e reflexiva, Ernaux invita ao lector a reflexionar sobre as implicacións persoais e sociais da súa experiencia, convertendo a súa historia nun testemuño universal sobre o corpo e a autonomía. É unha obra que resoa profundamente nun contexto actual dos dereitos reprodutivos.

Hambre. Memorias de mi cuerpo

Roxane Gay. Capitán Swing (2018)

“Hambre. Memorias de mi cuerpo” de Roxane Gay trátase dunha profunda reflexión sobre a relación da autora co seu corpo e a loita co seu peso. A través das súas memorias, Gay explora temas como a identidade, a violencia gordofóbica, a cultura patriarcal e a aceptación persoal. A través dunha narración honesta e emotiva, en “Hambre. Memorias de mi cuerpo” invítase a reflexionar sobre as complexidades da autoimaxe.

 Perras de reserva

Dahlia De La Cerda (2023)

Trátase dunha colección de contos que retrata con crueza e sensibilidade as realidades de mulleres que enfrontan situación de desigualdade, violencia e marxinalización en México. Con linguaxe directa e sen concesións, a autora da voz a personaxes que viven nas marxes da sociedade: mulleres pobres, traballadoras sexuais, mozas embarazadas e vítimas de abusos.

Cada relato expón as loitas cotiás destas mulleres por sobrevivir nun mundo que constantemente as oprime e desestima. A obra combina humor ácido, crítica social e unha mirada compasiva, ofrecendo historias desgarradoras que cuestionan as estruturas de poder, os prexuízos e as violencias normalizadas. “Perra de reserva” é un grito literario en favor das olvidadas e silenciadas.

En la casa de los sueños

Carmen María Machado. Anagrama (2021)

“En la casa de los sueños” é unha novela innovadora que explora a complexa e perturbadora relación da autora cunha parella abusiva. Nesta obra, Machado combina ensaio, memoria e elementos literarios, narrando a súa experiencia de abuso emocional e físico dentro dunha relación lésbica.

Segundo se vai desenvolvendo a historia narrada, a autora desmantela as ideas preconcebidas sobre o abuso en relacións entre mulleres, amosando como o amor pode volverse tóxico e destrutivo. “En la casa de los sueños” explora sobre o trauma, o control, o poder e a recuperación, ademais dunha análise sobre as dinámicas de poder nas relacións queer.

Memorial Drive

Natasha Trethewey. Errata Naturae (2022)

“Memorial Drive” de Natasha Trethewey é unha obra profundamente emotiva na que a autora reflexiona sobre o asasinato da súa nai, acontecido cando ela tiña 19 anos. A través de recordos, cartas e documentos, Trethewey reconstrúe a vida da súa nai e os eventos que levaron á súa tráxica morte a mans do seu padrasto.

Cunha escritura poderosa e conmovedora, o libro aborda temas como a violencia de xénero, o racismo e a perda. É unha homenaxe á súa nai e unha exploración de como a dor e a memoria moldean a nosa identidade.

La llamada. Un retrato

Leila Guerriero. Anagrama (2024)

“La llamada. Un retrato” céntrase na historia de Silvia Labayru, unha moza arxentina é secuestrada por militares e trasladada á ESMA (Escola de Mecánica da Armada). Na ESMA foi torturada e obrigada a realizar traballo escravo e abusada sexualmente por un oficial. Unha vez liberada, exíliase a Madrid.

No ano 2021, Silvia (e parte do seu entorno) comeza a ser entrevistada por Leila Guerriero, mentres esperaba a sentencia do xuízo por crimes de violencia sexual cometidos contra mulleres secuestradas durante a ditadura arxentina. Deste xeito, a través deste libro amósase o relato dunha muller arrodeada de vivencias moi complexas, na que sobrevoa unha chamada telefónica realizada dende a ESMA o 14 de marzo de 1977, e que lle salvou a vida.

La ciudad

Lara Moreno. Lumen (2022)

“La ciudad” contextualízase no barrio de La Latina (Madrid) onde se entrelazan as vidas de tres mulleres: Oliva, Damaris e Horia. A través dunha magnífica caracterización de cada unha das personaxes, nárrase como estas tres mulleres sofren e enfrontan diferentes tipos de violencias machistas, e como en moitos casos é imposible rachar con elas. Todo baixo unha cidade que separa, fire, que invisibiliza e que mira a outro lado.

Senlleiras

Antía Yáñez. Galaxia (2018)

“Senlleiras” narra a historia dunha influencer que, tras subir unha foto a redes sociais (onde semella verse unha man pantasma), é atopada morta á semana de publicala. Será a partir dese momento cando se comecen a entrecruzar as vidas de varias mulleres de diferentes épocas, e que tiveron que vivir baixo as normas patriarcais do momento. No caso de tentar rebelarse, eran castigadas arrebatándolles incluso a vida. A través do recordo e lexitimación das súas historias, “Senlleiras” pretende achegarnos aos vestixios machistas de épocas pasadas que seguen pervivindo na actualidade.  

El retrato de casada

Maggie O’Farrell. Libros del asteroide (2023)

A través de “el retrato de casada” preséntasenos a historia de Lucrezia de Médici, unha duquesa que, trala morte da súa irmá, se convirte no centro de atención ao ser pedida a súa man co beneplácito da súa familia. Lucrezia casa con só quince anos cun home doce anos maior ca ela, esperándose dela a obrigación de traer un herdeiro que continue co seu legado. Deste xeito, esta novela pretende visibilizar a violencia na intimidade que sofre, mentres loita contra o destino encorsetado que lle é designado.

Manifesto 25N

Trinta voces pola eliminación da violencia contra a muller (2021)

O Manifesto 25N reúne as voces de trinta autoras e autores galegos que reflexionan, dende a escrita ou as artes plásticas, sobre a violencia contra a muller. A idea xurdiu a partir dunha iniciativa, en novembro de 2020, da Asociación Cultural Caldaloba (Cospeito, Lugo).

Na nota editorial explícase: “Trátase de avivar as conciencias, desde diferentes ópticas expresivas, nunha repulsa colectiva contra un mal da nosa sociedade que parece non ter fin.”

Tareas compartidas, familia feliz

Ana Sancho e Noelia Terrer. Litera Libros (2022)

Estamos convencidas de que se valoramos, repartimos equitativamente e facemos de maneira constante as tarefas do fogar, toda a familia goza por igual da vida e da casa. Fácil, lóxico. Atoparedes táboas e explicacións, consellos e trucos para que todo funcione, para que sexa máis fácil, para evitar discusións… Xa sabedes, tooodas esas cousas que pasan en tooodos os fogares. Podémosvos asegurar que, se en casa repártense as tarefas, tamén se reparte a felicidade.

A cabeza de Medusa

Marilar Aleixandre. Xerais (2010)

Unha festa de disfraces acaba de madrugada nun camiño afastado onde Sofía e Lupe son violadas. Durante os días que seguen descubrirán que, como a Medusa, moitos non se atreven a miralas en fite. Son elas quen deben avergoñarse? Iso non ocorrería se non levasen minisaia? É mellor non denunciar, non procurar complicacións? Inspirada no mito de Medusa, castigada despois de ser violada a levar serpes por cabeleira. Dende a mesma noite da agresión vai comezar para as dúas mozas o pedregoso camiño da busca da xustiza. Debateranse entre sucumbir e cargar coa lousa que algúns queren pousar sobre elas ou aferrarse a aqueles que as alentan a seguir na procura da propia dignidade e do dereito a superar o sucedido.

Intensas

Ana Requena Aguilar. Roca Editorial (2023)

Algo (malo) pasa cando nos chaman intensas ou cando nos sentimos como tales. Especialmente cando nolo din homes, especialmente cando tantas mulleres relatan malestar ao ser interpeladas con esa palabra. É un malestar difuso pero ao mesmo tempo moi asociado a accións como pedir, sinalar, enfadarse, queixarse, mostrar emocións, sentir, poñer límites. Parece pertinente preguntarse se detrás desa palabra algo escorregadiza –non ten a priori ningunha connotación negativa– construíuse un relato que serve para facernos sentir mal, para cuestionarnos. O ‘intensa’ móstranos amablemente onde están os límites e que sucede se os cruzas.

Solterona

Kate Bolick. Malpaso Ediciones (2016)

Tan atractivo como difícil de clasificar, Solterona é un libro que explora en primeira persoa e denuncia sen piedade as cuestións que foron consideradas claves da realización feminina por parte da sociedade patriarcal. O matrimonio, a vida profesional, a maternidade… Todas estas situacións marcan a vida das mulleres e en ocasións lástranas para levar adiante unha vida creativa e profesional rica e equiparable á dos homes.

Una entre muchas

Una. Astiberri (2016)

Unha entre moitas explora a violencia de xénero, a vergoña e a responsabilidade social, cun suceso nacional como pano de fondo e desde a perspectiva dunha experiencia persoal traumática. Una pregúntase que significa educarse nunha sociedade na que a agresión machista non é cuestionada, e denuncia unha cultura mundial que esixe que as vítimas da violencia paguen o seu prezo.

Más que cuerpos

Susana Martínez Gijón. Anantes (2015)

A autora revisa o xénero policial desde unha perspectiva feminina e social na que se abordan sen reservas o racismo, a homofobia, os novos modelos de familia ou os crimes de xénero durante un caso de violencia doméstica que oculta moito máis do que as aparencias suxiren.