As 3 palestras foron retransmitidas en novembro de 2021. As persoas interesadas tamén puideron asistir de xeito presencial.
Palestra: A importancia do traballo en rede na loita contra a violencia de xénero a nivel local
Xoves, 18 de novembro de 2021, de 18:00 a 19:00, dispoñible en YouTube.
É preciso abordar a importancia da coordinación de servizos e profesionais de distintos recursos para mellorar o sistema de atención integral á vítimas de violencia de xénero, Nesta conversa achegarémonos á práctica do traballo en rede no ámbito local.
Participan: Gloria Porto, traballadora social do Hospital Público de Cee, Raquel Mato, médica de Atención Primaria do C. S. Pontedeume e Isabel Muñoz, directora do CIM de Muxía.
Modera: Marián Fernández, xornalista.
Lugar: Muxía.
Palestra: Violencias de xénero en mulleres maiores
Xoves, 11 de novembro de 2021, de 19:00 a 20:00, dispoñible en YouTube.
As mulleres maiores experimentan a discriminación de xénero en maior medida que as mulleres novas, e a discriminación por idade en maior medida que os homes maiores. Esta dobre discriminación está na base da invisibilidade da violencia de xénero contra as mulleres maiores.
Participan: Elena Molanes Piñeiro, directora do Centro de Emerxencia para Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero e Lara Fuentes Enjamio, técnica de FADEMUR-GALICIA.
Modera: Marián Fernández, xornalista.
Lugar: Auditorio Municipal de Rianxo (Google Maps).
Palestra: Violencia vicaria, o papel das/os menores na violencia de xénero e actualizacións normativas para protección da infancia
Xoves, 4 de novembro de 2021, de 19:00 a 20:00, dispoñible en YouTube.
A violencia vicaria é unha manifestación máis da violencia machista. Como se manifesta? Como abordala? Como se regula a violencia vicaria no noso sistema legal? Como podemos protexer ás vítimas a través do sistema xudicial? Con que recursos contamos?
Participan: Victoria Rey Mariño, psicóloga experta en xénero e Cristina Martínez Fernández, avogada experta en violencia de xénero.
Modera: Marián Fernández, xornalista.
Lugar: Centro Arteixo Innovación: Avda. Arsenio Iglesias, 46, 15142 Arteixo, A Coruña (Google Maps).
Palestras desenvolvidas na edición de 2020
Preme aquí para acceder ás 3 palestras desenvolvidas en novembro de 2020:
- A normalización da violencia de xénero e sexual na mocidade
- De que falamos cando falamos de ciberviolencias machistas?
- As representacións da violencia de xénero nos medios de comunicación