Masculinidades igualitarias na loita contra a violencia de xénero
Pepe Cabido, mestre de Filosofía no ensino secundario e Priscila Retamozo, politóloga especializada en igualdade de xénero conversan sobre as Masculinidades igualitarias na loita contra a violencia de xénero.
A conversa celebrouse o sábado, 30 de novembro no auditorio da Casa da Cultura de Cee e tamén está colgada na canle de YouTube da Deputación da Coruña.
Abordaxe interseccional das violencias machistas
Coa participación de Milagros Rey, presidenta da Asociación AMBAR, Elena Maison Díaz de la Rocha, coordinadora do Servizo Xurídico e da Area de Xénero da ONG Ecos do Sur e Sandra López, presidenta da asociación de mulleres pola igualdade e a visibilidade lésbica Les Coruña. Moderado por Lupe Rúa, psicóloga social.
A conversa tivo lugar o martes, 10 de decembro na sede de AMBAR no Centro de Recursos da Barbanza (Lg. Da Granxa, 5 San Roque-Ribeira) e tamén está dispoñible na canle de YouTube da Deputación da Coruña.
Violencia obstétrica e dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres
Coa participación de Silvia Álvaro e Maica Grandío, matronas de AGAM (Asociación Galega de Matronas). Conversan coa psicóloga Lupe Rúa sobre os dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres, o impacto da violencia obstétrica e sobre como o xénero inflúe nas condutas afectivo-sexuais e na prevalencia de infeccións de transmisión sexual.
A conversa tivo lugar o martes, 17 de decembro ás 16:00 no CRD da Coruña (Rúa Salvador Allende, 13 Culleredo) e tamén está dispoñible na canle de YouTube da Deputación da Coruña.
Dúas palestras máis por anunciar
Hai dúas palestras máis que serán anunciadas nos vindeiros días.