As 3 palestras serán retransmitidas en directo na web defronte.gal e na canle de YouTube da Deputación da Coruña. As persoas interesadas en asistir de xeito presencial poderán inscribirse en info@defronte.gal indicando o seu nome e número de teléfono.

Palestra: A importancia do traballo en rede na loita contra a violencia de xénero a nivel local

Xoves, 18 de novembro de 2021, de 18:00 a 19:00, dispoñible en YouTube.

É preciso abordar a importancia da coordinación de servizos e profesionais de distintos recursos para mellorar o sistema de atención integral á vítimas de violencia de xénero, Nesta conversa achegarémonos á práctica do traballo en rede no ámbito local.

Participan: Gloria Porto, traballadora social do Hospital Público de Cee, Raquel Mato, médica de Atención Primaria do C. S. Pontedeume e Isabel Muñoz, directora do CIM de Muxía.

Modera: Marián Fernández, xornalista.

Lugar: Muxía.


Palestra: Violencias de xénero en mulleres maiores

Xoves, 11 de novembro de 2021, de 19:00 a 20:00, dispoñible en YouTube.

As mulleres maiores experimentan a discriminación de xénero en maior medida que as mulleres novas, e a discriminación por idade en maior medida que os homes maiores. Esta dobre discriminación está na base da invisibilidade da violencia de xénero contra as mulleres maiores.

Participan: Elena Molanes Piñeiro, directora do Centro de Emerxencia para Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero e Lara Fuentes Enjamio, técnica de FADEMUR-GALICIA.

Modera: Marián Fernández, xornalista.

Lugar: Auditorio Municipal de Rianxo (Google Maps).


Palestra: Violencia vicaria, o papel das/os menores na violencia de xénero e actualizacións normativas para protección da infancia

Xoves, 4 de novembro de 2021, de 19:00 a 20:00, dispoñible en YouTube.

A violencia vicaria é unha manifestación máis da violencia machista. Como se manifesta? Como abordala? Como se regula a violencia vicaria no noso sistema legal? Como podemos protexer ás vítimas a través do sistema xudicial? Con que recursos contamos?

Participan: Victoria Rey Mariño, psicóloga experta en xénero e Cristina Martínez Fernández, avogada experta en violencia de xénero.

Modera: Marián Fernández, xornalista.

Lugar: Centro Arteixo Innovación: Avda. Arsenio Iglesias, 46, 15142 Arteixo, A Coruña (Google Maps).


Palestras desenvolvidas na edición de 2020

Preme aquí para acceder ás 3 palestras desenvolvidas en novembro de 2020:

  • A normalización da violencia de xénero e sexual na mocidade
  • De que falamos cando falamos de ciberviolencias machistas?
  • As representacións da violencia de xénero nos medios de comunicación