Pezas audiovisuais realizadas en 14 obradoiros que abordan conceptos chave arredor das violencias machistas en contextos de lecer e ocio nocturno. Os obradoiros lévanse a cabo durante o mes de novembro de 2023 nos concellos de Boiro, Cedeira, A Pobra do Caramiñal, Arzúa, Corcubión, Ribeira, A Coruña, Ordes, Outes, San Sadurniño, Valdoviño e Zas

As actividades están formuladas en positivo e buscan cuestionar mensaxes e hábitos que alimentan que as violencias sexuais sigan a reproducirse.

Iremos colgando máis pezas a medida que vaian rematando os obradoiros.

Asociación Íntegro, Cabana de Bergantiños
Colectivo xuvenil Turbina, Boiro
IES Punta Candieira, Cedeira
IES Poeta Añón, Outes
Centro de Atención á Dependencia, A Pobra do Caramiñal
IES Maximino Romero de Lema, Baio-Zas
IES Rosalía Mera, A Coruña
IES Fernando Blanco, Corcubión
IES Puga Ramón, A Coruña
IES Nº 1, Ordes
Valdoviño
Coirós
Arzúa