Desafío poético

  • Concurso aberto a toda a poboación da provincia da Coruña.
  • Aberto do 4 até o 26 de novembro de 2020.
  • Bases para a participación: PDF

Con esta iniciativa procuramos facer da rima e das redes un espazo de reivindicación fronte á violencia de xénero empregando a fórmula do concurso. Desenvolveuse en Facebook e Twitter, entre o 4 e o 26 de novembro de 2020, apelando á participación de toda a poboación da provincia da Coruña, para amplificar a mensaxe que a Deputación quixo lanzar para o 25 de novembro:

Eu tamén miro DE FRONTE á violencia de xénero. 

O desafío consistiu en compartir en Facebook ou Twitter unha publicación onde se lea, recite, cante ou amose un texto poético de creación propia (ou elección) engadindo á publicación os cancelos #DeFronte e aquel que corresponda á categoría da idade: #DesafioInfantil (de 3 a 12 anos);  #DesafioXuvenil (de 13 a 19 anos) ou #DesafioAdultas (de 20 anos en diante).

Repartíronse tres premios, un por cada categoría, que consistiu nun bono de 60 euros para gastar nunha libraría da provincia da Coruña.

Aquí podes ver os tres vídeos vencedores:

#DesafíoAdultas

Ver en Facebook.

#DesafíoXuvenil

Ver en Facebook.

#DesafíoInfantil

Ver en Facebook.

Poemas de fronte

Algunhas palabras teñen unha forza especial á hora de mudar emocións; de transformar ideas preconcibidas; de axudar a levantar a mirada e poñela DE FRONTE á violencia de xénero.

Por iso, e para animar á participación no desafío poético, algunhas personalidades relacionadas coa cultura, a literatura e a acción contra as violencias machistas quixeron compartir algúns dos seus versos favoritos DE FRONTE á violencia de xénero.

Charo Lopes, recita un poema de “Atlas de Chaguán”, de Rosa Enríquez
Cris Novoa, de querENDO Mulleres con endometriose, recita “Tecín soia a miña tea” de Rosalía de Castro
Lucía Aldao, recita o seu poema “Quen es, e en que lugar puxeches o meu medo?”
María Vázquez, recita “Poemaaa”, de Lucía Aldao
Emma Pedreira comparte connosco “A princesa e o chícharo”
Jesús Castro recita un poema de Alicia Fernández do seu libro “Mamá Pelicano”
Iseo Agilda, da banda Sacha na Horta, recita a letra da súa canción “Manada somos nós”