Narración poética para todas as idades + acción colectiva de origami  nas redes sociais. Con Palmira Castro, estivo en aberto do 9 ao 25 de novembro.

Palmira Castro, desde o seu proxecto mimadriña, tróuxonos a historia Sira e a illa. Como mudar o mundo cunha barquiña de papel, unha narración en chave poética, apta para todas as idades, coa que fomentar a igualdade e a xustiza entre mulleres e homes e entre todos os pobos. 

A súa historia estivo acompañada dun titorial para a elaboración dunha barquiña de papel, vinculada coa historia. Deste xeito, durante a semana na que esta historia estivo dispoñible en liña na web do proxecto, convidámosvos a “navegar a igualdade”, compartindo nas vosas redes as vosas propias barquiñas de papel empregando #navegaraigualdade e #defronte.