Esta iniciativa busca “visibilizar as situacións de violencia, nun exercicio colectivo no que compartir experiencias de xeito seguro na propia rúa”, recorrendo diferentes cidades do territorio galego.
#RompeOSilencio nace da necesidade de dar voz ás mulleres e visibilizar as súas experiencias no ámbito da violencia sexual, así como das consecuencias que sofren por mor da cultura da pornografía. O obxectivo é loitar contra o estigma das súas vivencias, normalmente condenadas ao silencio, nun exercicio práctico no que poidan compartilas con outras mulleres de maneira segura.
📍 Santiago (Praza Roxa) – 16 de novembro de 2023
📍 Cee (Praza 8M) – 17 de novembro de 2023
📍 A Coruña (Praza de Lugo) – 18 de novembro de 2023
📍 Ferrol (Cantón de Molíns) – 19 de novembro de 2023