Catro vídeos breves de un minuto para explicar catro conceptos importantes das violencias dixitais: ciberviolencia de xénero, grooming, sexting e sextorsión.

Ciberviolencia de xénero

Abuso por parte dunha persoa adulta empregando as ferramentas que proporciona internet. Usar as redes para acceder a alguén e xerar dependencia emocional, insultos, celos ou espiar as mensaxes e o móbil.

Vídeo “ciberviolencia de xénero” en YouTube.

Grooming

Que un adulto se faga pasar por outra persoa para abusar ou acosar sexualmente nenas, nenos ou adolescentes. Cada día moitas rapazas menores de 15 anos son acosadas sexualmente en Internet, o 80% son mulleres.

Vídeo “Grooming” en YouTube.

Sexting

Intercambio de contido persoal erótico, fotos, vídeos, etc. Mais iso non é delito, o que fas con el si que pode selo. Non compartas imaxes sen o consentimento da outra persoa.

Vídeo “Sexting” en YouTube.

Sextorsión ou desquite pornográfico

Cando se ameaza a alguén, na maioría dos casos mulleres, con difundir contidos sexuais desta, xa sexa por cartos, para conseguir novas imaxes ou simplemente por vinganza. Estamos diante dun delito e calquera que o faga ten que ser denunciado.

Vídeo “Sextorsión” en YouTube.