Que sabes das violencias dixitais? é un xogo interactivo e guía didáctica para alumnado de primaria. Máis abaixo pódese atopar tanto a guía para o profesorado coma o xogo.
Guía para o profesorado
Descargar guía para o profesorado (PDF)
Esta guía pretende ser un apoio para o profesorado que decida traballar as violencias dixitais na aula a través do xogo interactivo “Que sabes das violencias dixitais?”
Nela pode atoparse unha fundamentación sobre a que se basea a necesidade de traballar a violencia de xénero nas aulas e, concretamente nas idades correspondentes a 4º, 5º e 6º de Primaria.
Así mesmo, faise unha proposta de como aplicar o xogo na aula e facilítase unha explicación dos contidos que recolle.
Xogo
Pódese acceder directamente ao xogo facendo clic aquí ou na imaxe de máis abaixo.