O mércores, 23 de novembro de 2022 ás 10.30h terá lugar a ciberquedada co alumnado da ESO na canle de YouTube da Deputación da Coruña. Pódese seguir directamente en YouTube ou máis abaixo.

Durante esta acción proxectaranse 3 micro vídeos onde se reflicten situacións de violencias machistas nas redes sociais para, posteriormente e da man de Priscila Retamozo (coautora do libro La revolución feminista en las aulas) iniciar un debate coa rapazada que poderá achegar as súas reflexións e consultas nun chat público moderado de xeito divulgativo e ameno pola propia Priscila. A actividade terá lugar desde o IES Rosalía Mera da Deputación.