Actividades desenvolvidas na edición de 2020

Poemas FRONTE ás violencias de xénero: procuramos facer da rima e das redes un espazo de reivindicación fronte á violencia de xénero empregando a fórmula do concurso. Desenvolveuse en Facebook e Twitter, entre o 4 e o 26 de novembro de 2020. Na ligazón podes ver os tres vídeos vencedores e outros poemas recitados por poetas e poetisas galegas para animar á participación no desafío poético.

Sira e a illa: narración poética para todas as idades + acción colectiva de origami nas redes sociais. Con Palmira Castro, estivo en aberto do 9 ao 25 de novembro de 2020.

Palestras: durante o mes de novembro de 2020 compartimos tres pílulas de formación sobre violencias machistas, desde diferentes olladas. As diferentes profesionais que participaron desta actividade trasladaron, desde a súa experiencia profesional, as súas impresións sobre a normalización da violencia de xénero e sexual na mocidade, as ciberviolencias machistas, e a representación da violencia de xénero nos medios de comunicación. Na ligazón podes acceder ás tres palestras.

Contos de nenas grandes e pequenas: Contacontos para público infantil e familiar, con Marta Ortiz e Brais das Hortas. Estivo en aberto do 23 ao 29 de novembro de 2020.