Actividades 2024

As actividades desta edición están centradas na creación de recursos e outros materiais orientados a afondar no traballo contra as violencias machistas durante todo o ano. Irémolos colgando a medida que estean dispoñibles durante os meses de novembro e decembro de 2024 e xaneiro de 2025.

Algúns dos materiais nos que estamos traballando son:

Gravación de 5 palestras en formato vídeo podcast

As primeiras palestras xa están dispoñibles aquí e na canle de YouTube da Deputación da Coruña.

  • Masculinidades igualitarias na loita contra a violencia de xénero. Dispoñible en YouTube.
  • Abordaxe interseccional das violencias machistas. Dispoñible en YouTube.
  • Violencia obstétrica e dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres. Dispoñible en YouTube.
  • Pendente de anunciar. Máis información proximamente.
  • Pendente de anunciar. Máis información proximamente.

Máis información sobre as palestras:

Acto simbólico 25N

A Deputación da Coruña desde a súa Área de Igualdade propón levar a cabo nesta data un acto simbólico no que participen todas as entidades adheridas á campaña DEFRONTE.

Este acto ten por obxectivo conmemorar as vítimas mortais da violencia machista e pretende facer visibles as violencias que permanecen máis ocultas a través do achegamento a testemuños de mulleres que quixeron sacar á luz a súa experiencia. Así, proponse a lectura dun manifesto que avoga pola erradicación das violencias contra as mulleres e recolle extractos destas historias. Pretende ser unha chamada á toda a sociedade, entendendo a violencia como unha problemática social.

Descarga aquí a guía para a execución deste acto simbólico.


Edicións anteriores

Actividades desenvolvidas na edición de 2023.

Actividades desenvolvidas na edición de 2022.

Actividades desenvolvidas na edición de 2021.

Actividades desenvolvidas na edición de 2020.